 |
FORO STEG Espazo aberto para o debate sobre temas educativos
|
| Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
| Autor |
Mensaxe |
Convidado
|
Publicado: Lun Abr 16, 2007 10:27 pm Asunto: |
|
|
Trátase dun alongamento do curso. Pero como dín os progres e as progras, o tamaño non importa.
 |
|
| Volver arriba |
|
 |
convidado Convidado
|
Publicado: Lun Abr 16, 2007 10:32 pm Asunto: |
|
|
Os demais centros, aínda que teñan xornada única deberían colaborar porque:
CANDO AS BARBAS DO TEU VECIÑO VEXAS CORTAR... |
|
| Volver arriba |
|
 |
Concha
Rexistrado: 27 Mar 2007 Mensaxes: 390
|
Publicado: Mar Abr 17, 2007 7:40 am Asunto: |
|
|
non me podo crer que a mesa sectorial, (sen constituír de novo, cando as eleccións se celebraron hai 5 meses) fose tan feble na defensa dun asunto como o dos horarios e que tanto na prensa como aos centros fose chegando información sobre a postura de algúns sindicatos, pero por libre, cadaquén polo seu lado.
está a pasar o mesmo que pasou coa LODE e a LOE, cadaquén polo seu lado.
entendo que as vacacións o son para todo o mundo e para descansar, pero coido que á vista da publicación en DOG do calendario se está a reaccionar tarde e mal.
non me parece o procedemento máis adecuado pretender unir ao profesorado con división entre os propios sindicatos, como tampouco me parece que, habendo como hai un novo sindicato na mesa sectorial (repito,aínda sen constituír, non sei por interese de quen, para esta nova lexislatura) non se conte con el para programar mobilizacións.
nesto como noutros moitos temas importantes non se pode andar mirando a ver de quen é a idea de mobilizar e na capacidade dialéctica dos e das sindicalistas está tratar de convencer con argumentos a quen, por razóns de xornada única ou calquera outras, pasa de apoiar medidas que frenen a desfachatez coa que a administración vai sacando ordes e decretos sen contar coas demandas dos e das representantes do profesorado.
ou moi errada ando no mundo sindical, ou isto do calendario escolar víase vir, toda vez que sabemos que a consellaría, cando saca un borrador de algo, pouco tarda en publicalo en DOG. e o borrador empezou a circular antes das vacacións e moito me temo que os sindicatos históricos na mesa (CIG, CC OO, UXT, ANPE E CSIF) algo tiñan que barruntar. case me vou ter que inclinar a pensar que, como sempre, mudada a cor do goberno da xunta, mudada a contundencia das protestas. todo o que se faga a partires de agora, se non hai UNIDADE SINDICAL, vai ser unicamente, cumprir un requisito sindical para poder, na próxima campaña electoral, vender o consabido discurso "NÓS FIXEMOS E NÓS ACONTECEMOS" e, como das verdades que non conveñen, o elctorado logo se esquece, volver arañar uns votiños para ter máis representación.
e, señora conselleira, se para vostede a MESA SECTORIAL DE EDUCACIÓN, só lle serve para facer un paripé, mellor disólvaa, porque nos centros incordia bastante que, cada catro anos, haxa que organizar un día de substitucións do profesorado para manter aberta unha mesa electoral. se a opinión da mesa conta, téñaa en conta á hora de sacar borradores de ordes e decretos, que para iso están os e as representantes do profesorado e cónstame que as persoas que fan parte dela están máis en contacto coas inquedanzas e demandas do profesorado que as cabezas benpensantes que cada día traballan detrás dunha mesa de oficina na consellaría. e, por certo, as provincias de ligo e ourense tamén contamos en galicia e, xa que nelas hai moitos máis centros con xornada partida que única, faga o favor de escoitalas, que en lugo e ourense tamén se vota nas autonómicas.
e engado: o calendario increméntase, a xornada de setembro e xuño increméntase, pero o soldo (e digo o soldo, non os complementos por especial adicación e fandangos varios que non contan para a xubilación), ese non, e se o fai é a prazos.
POR FAVOR, UNIDADE SINDICAL, CLARIDADE E CONTUNDENCIA. XA. E AO PROFESORADO DOS CENTROS AOS QUE APARENTEMENTE NON LLE AFECTA A MEDIDA, QUE NON SE DEIXE ENGANAR, PORQUE AS MEDIDAS DA ADMINISTRACIÓN TARDE OU CEDO AFÉCTANNOS A TODAS E A TODOS. |
|
| Volver arriba |
|
 |
fer Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 9:50 am Asunto: |
|
|
QUIXERA FACER UNHA PEQUENA REFLEXIÓN SOBRE OS SINDICATOS:
- HAI UNS MESES E CON MOTIVO DAS ELECCIONS SINDICAIS TÓDO-LOS REPRESENTANTES DE TÓDO-LOS SINDICATOS APARECERON POLO NOSO COLEXIO PROMETENDO O OURO E O MOURO E VANAGLORIÁNDOSE DO QUE "OS SEUS" CONSEGUIRAN PARA O BENEFICIO DE TODOS.
- AGORA, E COMA SEMPRE, CANDO REALMENTE TEMOS UN PROBLEMA GORDO, COMO E O DO DECRETAZO DA AMPLIACIÓN DE HORARIOS, NINGÚN REPRESENTANTE SINDICAL SE DIGNOU A APARECER POLO MEU CENTRO DE TRABALLO, TAN SEQUERA PARA INFORMAR.
-HOXE LEO NA PRENSA QUE AS MEDIDAS DE PROTESTA QUE SE VAN A TOMAR, FARANSE SIN A UNIDADE SINDICAL QUE PRECISAMOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTE SINGULAR GREMIO.
GUSTARÍAME QUE OS POLÍTICOS PUBLICASEN OUTRO DECRETAZO EN CONTRA DOS SINDICATOS, QUE SE LLES AUMENTASE O HORARIO LABORAL, QUE SE LLES RECORTASEN OS CARTOS QUE XESTIONAN EN ACTIVIDADES DE "FORMACION", E QUE TIVESEN QUE COMPAXINAR A SUA LABOR SINDICAL COA ATENCION AOS NENOS E NENAS. XA VERÍADES COMO LOGO ANDARIAN FINOS E ESTARÍAN POR UNHA VEZ UNIDOS.
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, TENDE POR SEGURO QUE DE NON CAMBIAR O ACTUAL PANORAMA SINDICAL, ACABAREMOS TRABALLANDO OS SABADOS E TODO O MES DE XULLO.
QUÉ VERGONZA. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 11:15 am Asunto: |
|
|
| Cal é a postura do steg en este tema, que accións faran. Ao meu centro viñeron de visita dedspois das eleccións pero este tema ainda non se cociñaba nada. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 12:11 pm Asunto: |
|
|
Fundamentalmente, debería ser máis cartos e máis vacacións. Pero iste goberno non axuda moito.
 |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 12:11 pm Asunto: |
|
|
| fer escribiu: | QUIXERA FACER UNHA PEQUENA REFLEXIÓN SOBRE OS SINDICATOS:
- HAI UNS MESES E CON MOTIVO DAS ELECCIONS SINDICAIS TÓDO-LOS REPRESENTANTES DE TÓDO-LOS SINDICATOS APARECERON POLO NOSO COLEXIO PROMETENDO O OURO E O MOURO E VANAGLORIÁNDOSE DO QUE "OS SEUS" CONSEGUIRAN PARA O BENEFICIO DE TODOS.
- AGORA, E COMA SEMPRE, CANDO REALMENTE TEMOS UN PROBLEMA GORDO, COMO E O DO DECRETAZO DA AMPLIACIÓN DE HORARIOS, NINGÚN REPRESENTANTE SINDICAL SE DIGNOU A APARECER POLO MEU CENTRO DE TRABALLO, TAN SEQUERA PARA INFORMAR.
-HOXE LEO NA PRENSA QUE AS MEDIDAS DE PROTESTA QUE SE VAN A TOMAR, FARANSE SIN A UNIDADE SINDICAL QUE PRECISAMOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTE SINGULAR GREMIO.
GUSTARÍAME QUE OS POLÍTICOS PUBLICASEN OUTRO DECRETAZO EN CONTRA DOS SINDICATOS, QUE SE LLES AUMENTASE O HORARIO LABORAL, QUE SE LLES RECORTASEN OS CARTOS QUE XESTIONAN EN ACTIVIDADES DE "FORMACION", E QUE TIVESEN QUE COMPAXINAR A SUA LABOR SINDICAL COA ATENCION AOS NENOS E NENAS. XA VERÍADES COMO LOGO ANDARIAN FINOS E ESTARÍAN POR UNHA VEZ UNIDOS.
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, TENDE POR SEGURO QUE DE NON CAMBIAR O ACTUAL PANORAMA SINDICAL, ACABAREMOS TRABALLANDO OS SABADOS E TODO O MES DE XULLO.
QUÉ VERGONZA. |
Toda a razón do mundo. O único motivo de esperanza é ler este foro onde a xente fala con moito sentidiño.
Esta mañá a conselleira ven de realizar de novo unhas manifestacións nas que se reafirma en todo. Que vergoña. Moitos/as queríamos un cambio na Educación en Galicia, pero foi para peor. Eu non pido xa que cambien o calendario, eu pediría que a conselleira dimitirse por equivocarse cada semana en algo. O tema das oposicións daría para falar moito.
O único negativo, a división dos sindicatos, que estanse a xogar a pouca credibilidade que xa teñen. Vistas como están as cousas só caben dúas saídas: unidade sindical e folga (unha folga agora neste curso) e outro para o inicio de setembro.
Se tan boa idea é ter clases en xuño pola tarde, non pode ser que sexa só no rural onde teñamos estas clases. Paréceme unha discriminación cos centros das cidades. Os rapaces das cidades perderán moita formación. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 6:47 pm Asunto: |
|
|
| fer escribiu: | QUIXERA FACER UNHA PEQUENA REFLEXIÓN SOBRE OS SINDICATOS:
- HAI UNS MESES E CON MOTIVO DAS ELECCIONS SINDICAIS TÓDO-LOS REPRESENTANTES DE TÓDO-LOS SINDICATOS APARECERON POLO NOSO COLEXIO PROMETENDO O OURO E O MOURO E VANAGLORIÁNDOSE DO QUE "OS SEUS" CONSEGUIRAN PARA O BENEFICIO DE TODOS.
- AGORA, E COMA SEMPRE, CANDO REALMENTE TEMOS UN PROBLEMA GORDO, COMO E O DO DECRETAZO DA AMPLIACIÓN DE HORARIOS, NINGÚN REPRESENTANTE SINDICAL SE DIGNOU A APARECER POLO MEU CENTRO DE TRABALLO, TAN SEQUERA PARA INFORMAR.
-HOXE LEO NA PRENSA QUE AS MEDIDAS DE PROTESTA QUE SE VAN A TOMAR, FARANSE SIN A UNIDADE SINDICAL QUE PRECISAMOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESTE SINGULAR GREMIO.
GUSTARÍAME QUE OS POLÍTICOS PUBLICASEN OUTRO DECRETAZO EN CONTRA DOS SINDICATOS, QUE SE LLES AUMENTASE O HORARIO LABORAL, QUE SE LLES RECORTASEN OS CARTOS QUE XESTIONAN EN ACTIVIDADES DE "FORMACION", E QUE TIVESEN QUE COMPAXINAR A SUA LABOR SINDICAL COA ATENCION AOS NENOS E NENAS. XA VERÍADES COMO LOGO ANDARIAN FINOS E ESTARÍAN POR UNHA VEZ UNIDOS.
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS, TENDE POR SEGURO QUE DE NON CAMBIAR O ACTUAL PANORAMA SINDICAL, ACABAREMOS TRABALLANDO OS SABADOS E TODO O MES DE XULLO.
QUÉ VERGONZA. |
Se non hai unidade sindical, foi por que a CIG (comjo sempre) asinou unidade sindical e despois foise vender por libre, agora falta saber con que vai bailar STEG |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 6:51 pm Asunto: |
|
|
Este e o goberno do DIALOGO ,
claro que a CIG tamén está a facer o ridiculo, primeiro asina cos outros catro que se vai negociar, e logo inicia mobilizacións soa, VENDEDORES DE FUME |
|
| Volver arriba |
|
 |
MARÍA Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 9:27 pm Asunto: |
|
|
UNIDADE!!! SE NON ESTAMOS AGORA UNIDOS NON SEI CAL SERÁ O NOSO FUTURO. COA ACTUAL DIVISIÓN SINDICAL A PIÑÓN DÉBESE ESTAR MEXANDO DE RISA ... ESO FAVÓRECEA!!!
ESTÁ MOI CLARO QUE A ADMÓN. SEMPRE ESTÁ A DIVIDIRNOS, 1º ENTRE MESTRES DE PRIMARIA E SECUNDARIA ... LOGO ENTRE MESTRES DE XORNADA CONTINUADA E XORNADA PARTIDA ... AS CONDICIÓNS LABORAIS VARÍAN MOITO DUNS A OUTROS. QUE INXUSTO! |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mer Abr 18, 2007 9:36 pm Asunto: |
|
|
A todo isto creo que no PsOE deberían darlle un toque de atención á Sra.Piñón. Eu non voto PsOE, pero todos os mestres que votaron PsOE din que non o van a facer máis.......e creo que hai máis votos "progresistas" (chamesmolle así, por decir algo) entre os mestres que entre pais/nais. Se é polos votos, vailles sair o tiro pola culata.
E en canto aos sindicatos, non ten nome a desunión. Pero tamén espero que o paguen. É a grande oportunidade do STEG, que xa o levaba facendo ben últimamente. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Xov Abr 19, 2007 9:23 am Asunto: |
|
|
Eu e moitos coma a min pasamos o noso voto psoe ao voto útil:
BNG |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Xov Abr 19, 2007 9:43 am Asunto: |
|
|
| Será o voto inútil ... |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Xov Abr 19, 2007 10:38 am Asunto: |
|
|
| Nem a CIG nem os propios docentes podem esperar ao curso que vem a que os outros decidam mover o cú. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Xov Abr 19, 2007 10:42 am Asunto: |
|
|
A CIG-Ensino tratou desde o primeiro momento de dar unha resposta conxunta de todos os sindicatos presentes na Mesa . Por este motivo, promovemos a presentación conxunta na primeira mesa sectorial (21 de marzo) en que se tratou o tema dun escrito rexeitando a proposta da Consellaría. Porén na segunda mesa sectorial (27 de marzo) houbo organizacións que estaban dispostos a entrar na negociación, desmarcándose da proposta inicial, mentres a CIG-Ensino seguiu a defender o escrito conxunto de rexeitamento á proposta da Consellaría.
A CIG-Ensino convocou, o xoves 12 de abril, os demais sindicatos para unha xuntanza para este martes 17, co obxecto de “valorar a posibilidade de convocar o profesorado afectado á folga, se a Consellaría persiste en non manter a xornada matinal”.
En calquera caso, hoxe comprobarase a súa aposta pola unidade sindical se é que realmente acoden á convocatoria feita para hoxe para tratar sobre a folga, que máis que nunca se presenta como necesaria diante da provocación da Consellaría de Educación que vén de publica no DOG o Calendario Escolar.
Na CIG-Ensino entendemos que o tempo aprema e que a inactividade vai en contra dos intereses do profesorado, por iso non podemos deixar pasar os días sen dar unha resposta contundente a Educación, reclamando o mantemento da xornada matinal de setembro e xuño. A CIG-Ensino presentou 6.425 sinaturas contra esta medida na Consellaría de Educación, produto do traballo desenvolvido até agora e no que foi fundamental o apoio do profesorado no seu conxunto a esta campaña.
O único que nos debe mover ás OO.SS. é parar a proposta da Consellaría. Entenderase que, despois de preto dun mes de coñecida esta proposta, a CIG-Ensino non ía estar de brazos cruzados. |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Pode publicar novos temas neste foro Non pode responder a temas neste foro Non pode edita-las súas mensaxes neste foro Non pode borra-las súas mensaxes neste foro Non pode votar en enquisas neste foro
|
|