 |
FORO STEG Espazo aberto para o debate sobre temas educativos
|
| Ver tema anterior :: Ver tema seguinte |
| Autor |
Mensaxe |
Convidado
|
Publicado: Xov Mai 24, 2007 9:55 pm Asunto: Clase dende o 1 de Setembro ata o 30 de Xuño |
|
|
| Canto vos apostades con que dentro de dous ou tres anos, cando o tema de hoxe xa esté esquecido vai saír a Consellería con clase todo Xuño e todo Setembro... |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Ven Mai 25, 2007 6:58 pm Asunto: |
|
|
| Polo ben dos nenos-as, non creo que a administración educativa tome esa medida. Agora, o que si estaría ben sería esixir a presenza nos centros ao persoal docente e que fagan soamente o seu mes de vacacións como todo o mundo; acabando así coa discriminación entre funcionarios docentes e non docentes nos centros de ensino. |
|
| Volver arriba |
|
 |
eumesma Convidado
|
Publicado: Sab Mai 26, 2007 11:57 am Asunto: |
|
|
Convidado dixo:
Polo ben dos nenos-as, non creo que a administración educativa tome esa medida. Agora, o que si estaría ben sería esixir a presenza nos centros ao persoal docente e que fagan soamente o seu mes de vacacións como todo o mundo; acabando así coa discriminación entre funcionarios docentes e non docentes nos centros de ensino.
A envexa non fai ben home...... relajateeeeeeeeeeee |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Sab Mai 26, 2007 4:27 pm Asunto: |
|
|
| Bueno, pues si los docentes tienen que estar en el centro educativo en Julio sin alumnos, pues que estén... con la única finalidad, claro está, de darle el gusto a los demás de ver a los docentes allí dentro, de estar por estar. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Dom Mai 27, 2007 7:36 pm Asunto: |
|
|
| algo haberá que facer, ou temos as clases perfectamente preparadas e ao día? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Dom Mai 27, 2007 7:37 pm Asunto: |
|
|
| e acaso subalternos, auxiliares, limpadoras teñen moito que facer en verán? |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Lun Mai 28, 2007 3:42 pm Asunto: |
|
|
| Anonymous escribiu: | | Polo ben dos nenos-as, non creo que a administración educativa tome esa medida. Agora, o que si estaría ben sería esixir a presenza nos centros ao persoal docente e que fagan soamente o seu mes de vacacións como todo o mundo; acabando así coa discriminación entre funcionarios docentes e non docentes nos centros de ensino. |
Nin polo ben dos nenos, nin polo ben dos docentes. Podes estar seguro de que se disfrutamos de máis vacacións será por algo, ten en conta que traballamos con rapaces que, na súa maioría, non foron educados (nin ben, nin mal) polos seus pais, eses que tratan de librarse deles á mínima. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Lun Mai 28, 2007 4:37 pm Asunto: |
|
|
Que topicazo acusar aos pais!!
Se desfrutades de máis vacacións (de feito, non de dereito) e porque dirixides os centros e tendes un gran espíritu corporativista. Ningún director vaise meter cun docente porque é do seu gremio.
O lóxico e normal sería que os centros fosen dirixidos ou xerenciados por funcionarios grupo A da administración xeral, pero evidentemente iso suporía un maior gasto en persoal. Por eso a administración frefire que os docentes sexan os directivos a cambio dun montón de dereitos de feito para os docentes.
Esa é a relidade non culpes aos pais, se tes moitas vacacións é grazas a esa autoxestión docente, con dereitos para eles só, o resto a cumprir horarios e días de traballo. |
|
| Volver arriba |
|
 |
sindicator
Rexistrado: 23 Mar 2007 Mensaxes: 90
|
Publicado: Lun Mai 28, 2007 6:15 pm Asunto: |
|
|
| Eu opositei a un traballo onde unha das vantaxes era ter moitas vacacións. Aprobei esas oposicións (por mérito e por sorte) e agora disfruto das vantaxes do meu traballo como outros disfrutan das vantaxes dos seus. E sempre me alegraría de que outros traballadores conseguisen melloras nas súas condicións, non penso reclamar nunca que a xente vaia a peor. |
|
| Volver arriba |
|
 |
MANI FESTATOR Convidado
|
Publicado: Lun Mai 28, 2007 6:39 pm Asunto: |
|
|
| sindicator escribiu: | | Eu opositei a un traballo onde unha das vantaxes era ter moitas vacacións. Aprobei esas oposicións (por mérito e por sorte) e agora disfruto das vantaxes do meu traballo como outros disfrutan das vantaxes dos seus. E sempre me alegraría de que outros traballadores conseguisen melloras nas súas condicións, non penso reclamar nunca que a xente vaia a peor. |
Ahí tes toda a razón do mundo, meu |
|
| Volver arriba |
|
 |
sister Convidado
|
Publicado: Lun Mai 28, 2007 10:02 pm Asunto: |
|
|
A CIG-Ensino xa lle entregou á Conselleira de Educación unha serie de propostas de temas para negociar ao principio deste curso escolar co obxecto de seren tratadas na Mesa Sectorial. A negociación de moitos deles terá que ser trasladada para o curso que vén, unha vez que xa estamos na recta final do remate de curso.
Despois da nosa insistencia e das campañas realizadas, a Consellaría comprometeuse a presentar un calendario de temas para negociar antes de rematar o curso. Asumiu, en distintas mesas, que, entre outros, se negociasen as condicións de traballo dos itinerantes, uns novos criterios para mellorar os cadros de persoal dos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIPs) e a negociación do horario lectivo e laboral dos mestres.
A CIG-Ensino, á parte dos temas que xa ten comprometidos coa Consellaría, proporá que, neste trimestre, antes do 15 de xuño, se negocien tamén novos criterios para impedir as dificultades existentes para que os centros se acollan á xornada lectiva continuada, negociación dos criterios para poder aplicar a redución horaria aos maiores de 55 anos, dotación de administrativos/as en todos os centros de infantil e primaria, redución das ratios máximas, dotación e extensión das bibliotecas escolares, conciliación da vida laboral e familiar (modificación da Orde do 28 de xuño de 2006, permiso de paternidade, etc.), oferta de F.P. para o vindeiro curso, pagas extras completas, etc.
extracto da web
mira mira mira.... desde logo que é insufiente e inaceptabel...
ONDE ESTÁ A RECOLLIDA DE FIRMAS?..... OINCH QUIXEN DICER REFERENDUM...JUAJUAJUAJUA.... agora negocian.... as cousas que no acordo eran inaceptabeis....
e inda por riba é seu o merito ou..... de non facelo antes e co resto do profesorado....A CIG MINTE.. unha vez mais...despois de facer campaña electoral.. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Concha
Rexistrado: 27 Mar 2007 Mensaxes: 390
|
Publicado: Mar Mai 29, 2007 7:38 am Asunto: |
|
|
Topicazo ou non, as nais e os pais trememos cando se achegan as vacacións porque vemos que todo é un sin fin de problemas para atender aos nosos fillos mentres nós traballamos e porque, durante o curso escolar, a escola nos resolve ese problema, en parte. Hai moitos anos anos que escoito a mesma letanía: "¡A ver quen os aguanta agora na casa! ¡Xa podiades telos aquí na escola todo o ano!" e lindezas varias, ditas con ironía e gracia, pero que levan consigo a crítica a un labor que non todo o mundo está disposto a desenvolver.
Dirixir un centro non só consiste en xerenciar un centro. Para desempeñar un traballo hai que coñecelo desde dentro e non creo que calquera funcionario ou funcionaria da administración, sexa ou non do grupo A, estea capacitado para facer de xestor de recursos humanos e económicos, administrador, conciliador, educador, enfermeiro, coordinador... Tarefas que ao profesorado que accede ao corpo do ensino non se lle esixe coñecer, pero que ten que desempeñar, moitas veces, sen máis axuda que o seu criterio, e polas que nais, pais, profesorado e administración lle piden contas durante e ao final do seu mandato.
Quen fala de topicazo neste foro demostra descoñecer o ensino. Aquí tamén se cumpren horarios e a ver se somos capaces de lembrar que os docentes non fichamos con papeis, como o resto da función pública. Xeneralizar en algo tan delicado como a educación e o ensino, é un erro que a o único que conduce é a desprestixiar o traballo que están facendo outros traballadores polos nosos fillos, sen máis argumento aparente que o dunhas vacacións, un horario ou un soldo. Pero pense quen tan ácida crítica verte sobre o corpo do profesorado que, na xustiza demóranse pleitos e todo o mundo admite e asume que é lenta; na sanidade hai listas de espera e cámibianse quendas de atención a pacientes e todo o mundo asume que é lenta; en facenda danse as explicacións mínimas e faise andar aos contribuíntes de ventana en ventana e todo o mundo asume que é lenta, agás para cobrar impostos; e... etc.
Invito ao convidado a traballar durante un curso no meu centro de ensino, desempeñando calquera das tarefas que eu e os meus compañeiras e compañeiras desempeñamos. Logo que opine, porque aquí neste traballo non se lida con papeis e xefes de sección ou negociado. Se lle parece tarefa tan doada, pois adiante. Aínda están abertas as escolas de maxisterio e seguen a convocarse oposicións para o profesorado. Calquera diplomado ou licenciado pode acceder ao ensino e sentarse na cómoda cadeira do ensino e disfrutar dun traballo sen responsabilidades aparentes, responsabilidades, non se esqueza, sobre seres humanos, con moita paga e privileixios profesionais.
Ningunha tarefa é doada, pero o dito polo convidado é unha solemne equivocación. Non ousaría eu opinar así do resto da función pública ou doutro traballo.
E por certo, parte dos problemas da nosa xuventude teñen a súa raíz en opinións tan alegres como as deste convidado: as causas do fracaso escolar está nos pais, nos docentes, no alumnado e na administración a partes iguais. Cadaquén que asuma a súa. Vostede tamén, convidado. |
|
| Volver arriba |
|
 |
Convidado
|
Publicado: Mar Mai 29, 2007 1:18 pm Asunto: |
|
|
| Anonymous escribiu: | Que topicazo acusar aos pais!!
Se desfrutades de máis vacacións (de feito, non de dereito) e porque dirixides os centros e tendes un gran espíritu corporativista. Ningún director vaise meter cun docente porque é do seu gremio.
O lóxico e normal sería que os centros fosen dirixidos ou xerenciados por funcionarios grupo A da administración xeral, pero evidentemente iso suporía un maior gasto en persoal. Por eso a administración frefire que os docentes sexan os directivos a cambio dun montón de dereitos de feito para os docentes.
Esa é a relidade non culpes aos pais, se tes moitas vacacións é grazas a esa autoxestión docente, con dereitos para eles só, o resto a cumprir horarios e días de traballo. |
O que máis sorprendente me resulta é todo o que cre saber de educación e do funcionamente do sistema educativo xente coma ti; só me queda darche as grazas pola información e agradecer ó director do meu centro que me dea dous meses de vacacións; de paso, voulle pedir un aumentiño. |
|
| Volver arriba |
|
 |
|
|
Pode publicar novos temas neste foro Non pode responder a temas neste foro Non pode edita-las súas mensaxes neste foro Non pode borra-las súas mensaxes neste foro Non pode votar en enquisas neste foro
|
|